"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

martes, 12 de octubre de 2010

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

    Ademais realizaremos actividades complementarias ás lecturas, dirixidas a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, persoal non docente) co obxectivo de motivar e animar á lectura. Algunhas delas son:

     -       Realización de actividades artísticas como a elaboración de ilustracións, deseño de portadas, seleccións musicais… relacionadas co libro que se está a ler e posterior exposición no centro.
     -       Lecturas teatralizadas.
     -       O alumnado que forma parte do club fai a presentación do libro aos compañeiros/as da súa clase.
     -       Creación literaria: inventamos un novo final para o libro, escribimos o argumento dunha posible “segunda parte”, facemos crítica literaria,…
     -       Investigamos sobre a autoría, ou sobre a súa época histórica
     -       Visionado e posterior debate de películas ou documentais relacionadas cos temas de lectura, convidando ás familias e ao persoal non docente.
     -       Invitación de escritores ou escritoras para coñecelos/as e ter a posibilidade de compartir opinións sobre algunha das súas obras.
     -       Visitas á Biblioteca Pública de Pontevedra, e á Biblioteca da Universidade.
     -       Actividades para celebrar o 23 de abril ou o 17 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario