"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

martes, 12 de octubre de 2010

FINALIDADES DEL CLUB


Propoñémonos estes 5 obxectivos, concretos e asequibles, mais non por iso pouco importantes:
  1. Ofrecer a posibilidade decompartir a lectura con outras persoas de igual idade.
  2. Facilitar acomunicación cos seus/súas iguais e a oportunidade de compartir gustos, inquedanzas, opinións, emocións e descubrimentos tendo como fío condutor un libro, unha lectura.
  3. Favorecer a percepción da lectura como unha actividade de lecer, de entretemento, afastándonos da idea da lectura como imposición.
  4. Proporcionar unha selección de textosinteresantes, motivadores, de temáticas diversas, facilitando o seu acceso ao alumnado.
  5. Desenvolverhabilidades de interacción grupal: capacidade de diálogo, escoita activa, respecto ás opinións e puntos de vista diferentes, elaboración de ideas propias,…

No hay comentarios:

Publicar un comentario