"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

martes, 12 de octubre de 2010

MEDIOS PREVISTOS PARA A SÚA DIFUSIÓN










Parécenos moi importante difundir a actividade e facilitar a participación voluntaria de todos os alumnos e alumnas. Para isto contamos cos seguintes recursos:
  • Colaboración de todo o profesorado do centro, en especial das titoras e titores, animando e motivando ao alumnado para participar.
  • Na páxina web do centro, www.iesxunqueira1.com, dentro do apartado da biblioteca, temos un enlace do “club de lectura”.
  • Taboleiro de novidades: informar sobre os libros que se van ler, dando a posibilidade de que se incorporen lectores e lectoras novos/as.
  • Carteis nas aulas e na cafetaría.-Aproveitar a asistencia de alumnado que non forma parte do club ás actividades complementarias para animalos a participar.
  • Exposicións de actividades de creación plástica, musical,... do alumnado relacionadas coas lecturas.
  • Participación e colaboración desde o club de lectura na revista do noso centro: Xuncos.
  • Elaboración do blog A ESMORGA XUNQUEIRA 1aberto á participación e colaboración de toda a comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario