CLUB DE LECTURA "A ESMORGA"
OBRAS DE LECTURA PROPOSTAS PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE
Ola un curso máis.
Iniciamos unha nova andaina do club. Como sempre, agardamos que vos animedes a participar nas nosas actividades, e para iso seleccionamos coa mellor intención un feixe de obras que oxalá esperten o voso interese.
Velaquí as nosas propostas e lembrade que vós tamén podedes propoñer obras do voso agrado.
Para primeiro, ofrecémosvos a lectura de Cando petan na porta pola noite, de Xabier Docampo, un clásico da nosa literatura de "terror".
Para segundo, pensamos en Bágoa de lúa, o primeiro libro de "As crónicas de Landereina", de Sabela González, dedicada a un mundo fantástico.
Para terceiro, escollemos A noite vai coma un río, de Álvaro Cunqueiro, para os que desexen adentrarse no mundo do teatro, e Kafka e a boneca viaxeira, de Sierra i Fabra, para os que non teñan lido a obra.
Finalmente, para o de cuarto, propoñemos un clásico de Stefan Zweig, experto en analizar o mundo dos sentimentos e as súas viaxes emocionais.
Feliz lectura!